Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43270

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (483/2012).

Francisco Ferreiro Vázquez, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 483/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Pérez Romero contra a empresa Alfonso Rebolo Fernández, Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a sentenza do 15 de outubro de 2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que debo estimar e estimo integramente a demanda e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, condenando a empresa demandada a se ater á anterior declaración e a lle aboar á demandante una indemnización de 1.056 euros, correspondentes a 45 días de salario por ano de servizo (os períodos de tempo inferiores a un ano ratearanse por meses) polo tempo transcorrido desde o inicio da prestación de servizos de cada un deles ata o 11 de febreiro de 2012 inclusive, e a 33 días de salario por ano de servizo desde o 12 de febreiro de 2012 ata a data.

Condeno, así mesmo, a empresa a lle aboar á demandante a cantidade debida na data do despedimento de 7.822,68 euros como liquidación das cantidades debidas, mais a recarga do 10 % en concepto de xuros por demora.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Alfonso Rebolo Fernández, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2012

O secretario xudicial