Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43267

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas

EDICTO (30/2010).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza 126/2011.

Cangas, 29 de xullo de 2011.

Sergio Orduña Alonso, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cangas e o seu partido, viu estes autos de procedemento ordinario número 30/2010, seguido entre partes, dunha, como demandante, José Costas Campos, representado pola procuradora Sra. Enríquez Lolo e asistido polo letrado Sr. Veiga Sotelo e, doutra, como demandado, a entidade Faipe Xestión, S.L., sobre reclamación de cantidade.

Vistos os preceptos legais aplicables e demais de xeral e pertinente aplicación.

Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada pola representación procesual de José Costas Campos contra a entidade mercantil Faipe Xestión, S.L., condeno a esta a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.920 euros mais os xuros correspondentes desde a data da interpelación xudicial, todo isto con expresa condena en custas á parte demandada.

Contra esta sentenza cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignación de 50 euros na conta do expediente, de conformidade co ordenado na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da entidade Faipe Xestión, S.L., expídese este edicto para que lle sirva de notificación.

Cangas, 13 de marzo de 2012

O/a secretario/a xudicial