Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43265

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (357/2012).

José Luis Pérez García, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente

Anuncio:

No presente procedemento de divorcio contencioso seguido por instancia de Pilar Leis Ríos fronte a Agustín Daniel Fernández Pereriro ditouse sentenza, cuxo decisión é do teor literal seguinte:

«Decisión.

Que estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Sánchez Silva, en nome e representación de Pilar Leis Ríos, asistida do letrado Sr. Santiago fronte a Agustín Daniel Fernández Pereiro, maior de idade, citado en autos, declarado en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes o día 3.1.1965 en Santiago de Compostela, inscrito no tomo 61, páxina 6 do Rexistro Civil desa localidade por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio, coa conseguinte disolución da sociedade de gananciais.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a esta cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación de depósito de 50 € previsto na disposición adicional décimo quinta de la LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data; dou fe».

E encontrándose o dito demandado, Agustín Daniel Fernández Pereriro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2012

O secretario xudicial