Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2012 Páx. 43263

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (714/2010-M).

María Elma Monzón Cuesta, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento de referencia se ditou sentenza con data do 29 de outubro de 2010, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 29 de outubro de 2010.

Vistos por min, Marta Canales Gantes, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 desta cidade, estes autos de xuízo verbal, rexistrados co número 714/2010-M, sobre reclamación de cantidade, en que é parte demandante Clamades Alonso Enríquez, representada polo procurador José Amenedo Martínez e coa asistencia letrada de Patricia Serrano Narváez, e parte demandada Fernando García Vázquez, representado polo procurador J. Guimaraens Martínez e coa asistencia letrada de Carlos Queimadelos, e María Dolores Pantín Vilas, en situación procesual de rebeldía.

Resolvo que, estimando integramente a demanda interposta por Clamades Alonso Enríquez, representada polo procurador José Amenedo Martínez contra Fernando García Vázquez, representado polo procurador J. Guimaraens Martínez, e contra María Dolores Pantín Vilas, en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno solidariamente a Fernando García Vázquez e a María Dolores Pantín Vilas a que:

Primeiro. Aboen a Clamades Alonso Enríquez a cantidade de catrocentos oitenta e nove euros e cincuenta e dous céntimos (489,52), incrementada cos xuros legais correspondentes desde a data da interpelación xudicial, en concepto de indemnización polos danos causados na súa vivenda, sita na rúa Juncal nº 22, 3º C, de Perillo, Oleiros (A Coruña).

Segundo. Leven a cabo todas as reparacións que sexan necesarias na rede privativa de distribución do piso 4º da rúa Juncal nº 22 de Perillo, Oleiros (A Coruña), co fin de que cesen definitivamente as filtracións de auga ao piso da demandante.

Terceiro. Aboen as custas causadas.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta sentenza se poderá interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación, que se preparará ante este mesmo xulgado con suxeición ao previsto nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

De conformidade co disposto na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, na reforma introducida pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial, pola que se modifica a Lei 6/1985, do 1 de xullo, orgánica do poder xudicial, a admisión a trámite do recurso quedará supeditada, ao se anunciar ou preparar o recurso, á acreditación da prestación de depósito polo recorrente, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, do importe de 50 euros.

Así, por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa incorporación aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo (asinado: Marta Canales Gantes).

Publicación. A anterior resolución pronunciouna, leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, en audiencia pública. Dou fe (asinado: María Elma Monzón Cuesta)».

E para que sirva de notificación en forma á demandada María Dolores Pantín Vilas, en paradoiro descoñecido, e para que conste a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de novembro de 2010

A secretaria