Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42633

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (134/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 134/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Diego Felipe de Araújo contra a empresa Os Reis, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa decisión se achega:

«Decido que estimando a demanda interposta por Diego Felipe de Araújo contra a empresa Os Reis, S.L., declaro improcedente o despedimento do que foi obxecto o 9.1.2012 e condénoa a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade –s. e. ou ou.– de mil sesenta e tres euros e cinco céntimos (1.063,65 euros); con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, en contía de corenta euros e cincuenta e dous (40,52 euros) diarios; debendo poñer en coñecemento do xulgado no prazo antes dito, se opta ou non pola readmisión.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptivas para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma Aos Reis, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 23 de outubro de 2012

A secretaria xudicial