Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42631

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3080/2012 IP).

Secretaría: Sr. Gamero López Peláez IP.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3080/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1332/2011 Xulgado do Social número 2 de Vigo.

Recorrente: Verónica Feijoo Muñiz.

Avogado: Javier de Cominges Cáceres.

Procurador: José Antonio Castro Bugallo.

Recorridos: Fogasa, Laborman Trabajo Temporal ETT, S.A., Ministerio Fiscal, Krasis Consulting, S.L.

Avogada: (…) María del Carmen Guillermo López.

Procurador: (…) José Antonio Castro Bugallo.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3080/2012 IP desta sección, seguido por instancia de Verónica Feijoo Muñiz contra a empresa Fogasa, Laborman Trabajo Temporal ETT, S.A., Ministerio Fiscal, Krasis Consulting, S.L. sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimamos o recuso de suplicación formulado polo letrado Javier de Cominges Cáceres, en nome e representación de Verónica Feijoo Muñiz, contra a sentenza de data vinte e sete de marzo de dous mil doce, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, no procedemento 1332/2011, sobre despedimento, seguido por instancia da demandante contra a empresa Consulting, S.L., e contra a empresa Laborman Trabajo Temporal ETT, S.A., confirmando integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Laborman Trabajo Temporal ETT, S.A., con último domicilio coñecido na r/ A Coruña, Caleira, 5, Vigo.

A Coruña, 18 de outubro de 2012

A secretaria xudicial