Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42635

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (218/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 218/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Nogueira López contra a empresa As Torres, S.L., Complejo Hostelero El Bosque, Incogal, S.L., Freixomil, S.L., Distinción en Catering e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza de data 24.9.2012, cuxa encabezamento e decisión son do seguinte teor literal:

Sentenza.

A Coruña, 24 de setembro de 2012

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 218/2012, seguidos por instancia de José Manuel Nogueira López, que comparece asistido da letrada Sra. Abella Aguiar, contra a empresa As Torres, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, Incogal, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, Freixomil, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, Distinción en Catering, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, versando a litis sobre despedimento.

Decisión.

Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Manuel Nogueira López, que comparece asistido da letrada Sra. Abella Aguiar, contra a empresa As Torres, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, Incogal, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, Freixomil, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, Distinción en Catering, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, e declaro a improcedencia do despedimento con condena das empresas As Torres, S.L., Incogal, S.L. e Distinción en Catering, S.L. a que readmitan inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección das empresas, á extinción da relación laboral con aboamento de 22.329,64 euros en concepto de indemnización. Ademais, calquera que sexa o sentido da opción, as codemandadas terán que aboarlle ao Sr. Nogueira unha cantidade igual á suma dos salarios deixados de percibir, a razón de 49,92 €/día, desde a data do despedimento (9.1.2012) ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

Absólvese a empresa Freixomil, S.L. de todos os pedimentos da demanda contra ela dirixidos.

Segundo. Así mesmo, estimándose a reclamación de cantidade efectuada por José Manuel Nogueira López, que comparece asistido da letrada Sra. Abella Aguiar, contra a empresa As Torres, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, Incogal, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, Freixomil, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, Distinción en Catering, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, debo condenar e condeno As Torres, S.L., Incogal, S.L. e Distinción en Catering, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 8.788,55 euros, cos xuros moratorios pertinentes.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíz substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Freixomil, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 22 de outubro de 2012

A secretaria xudicial