Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 29 de outubro de 2012, do Servizo Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lles notifica aos titulares dos establecementos que se relacionan a resolución da cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan.

O Decreto 52/2011, do 24 de marzo, polo que se establece a ordenación de apartamentos e vivendas turísticas na Comunidade Autónoma de Galicia, recolle na disposición transitoria segunda, para as vivendas vacacionais inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, un prazo de seis meses para solicitar a súa clasificación como vivenda turística. Transcorrido o dito prazo, os titulares destes establecementos non solicitaron a súa clasificación.

Este organismo efectuou o preceptivo trámite de audiencia a que fai referencia o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado nº 12, do 14 de xaneiro), respecto do cal os titulares dos establecementos relacionados no anexo non efectuaron ningunha alegación.

Por todo o anteriormente exposto, a Secretaría Xeral para o Turismo resolve a cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega das vivendas vacacionais, o que se lle notifica aos seus titulares, e comunícaselles que contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a Secretaría Xeral para o Turismo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de outubro de 2012

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: vivenda vacacional Casa San Francisco.

Titular: José Luis Carballo Sieiro.

Enderezo: lugar de Cariño.

Concello: Carnota.

Establecemento: vivenda vacacional Nemiña de Abaixo A.

Titular: José A. Blanco Areas.

Enderezo: lugar Nemiña de Abaixo.

Concello: Muxía.

Establecemento: vivenda vacacional Nemiña de Abaixo B.

Titular: José A. Blanco Areas.

Enderezo: lugar Nemiña de Abaixo.

Concello: Muxía.

Establecemento: vivenda vacacional Nemiña de Abaixo C.

Titular: José A. Blanco Areas.

Enderezo: lugar Nemiña de Abaixo.

Concello: Muxía.

Establecemento: vivenda vacacional Casa del Piloto.

Titular: María Moreno Lamas.

Enderezo: Rosaleda, 10, Serra de Outes.

Concello: Outes.

Establecemento: vivenda vacacional Casa de Roo.

Titular: María Moreno Lamas.

Enderezo: Rosaleda, 10, Serra de Outes.

Concello: Outes.