Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 17 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento polo procedemento de poxa pública duns bens inmobles situados nos concellos da Coruña e Cerdido.

Ás 11.15 horas do día 13 de decembro de 2012 terá lugar no salón de actos do Edificio Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería de Facenda, situado na praza de Pontevedra, 22, A Coruña, perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a primeira poxa pública dos seguintes lotes de bens inmobles patrimoniais da Comunidade Autónoma de Galicia, dos cales foi acordado o seu alleamento polas ordes da Consellería de Facenda do 3 e 10 de setembro de 2012.

1. Vivenda. Predio urbano número 2. Andar primeiro da casa sinalada co número 12 da rúa Xustiza da cidade da Coruña. Vivenda do andar da súa denominación, cunha superficie útil duns 50 m2, distribuída en forma adecuada ao seu destino. Linda: vista desde a rúa Xustiza: fronte coa dita rúa e oco das escaleiras; dereita, relanzo e oco das escaleiras, e casa número 10 da propia rúa, de María Pena Verdura; esquerda, casa sinalada co número 14 da mesma rúa, de Luís Seoane García; e traseira, voo sobre patio da planta baixa. Asígnaselle una cota de participación de 22 enteiros por cento.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número 4 da Coruña como predio número 1.570, tomo 29, libro 29 e folio 79. Referencia catastral: 8928119NJ4082N0002HX.

Tipo de licitación: 43.993,586 euros.

2. Vivenda. Predio urbano situado na rúa Florida, 16, 2º andar da cidade da Coruña, dunha superficie de 82,90 m2. Cunha cota de participación de 16 enteiros por cento.

Inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña como predio número 27.276, tomo 2.465, libro 2.465 e folio 203. Referencia catastral: 8924315NJ4082S0003GI.

Tipo de licitación: 49.401,46 euros.

3. Parcela Soocano, situada no lugar de Felgosa de Arriba, parroquia de San Antonio da Barqueira (Cerdido), cunha superficie aproximada de 635 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: norte, con Filomena Prieto Díaz; sur, con ribado en labradío de Perfecta Villarnovo; leste, estrada de Viveiro a Liñares; e oeste, con ribado en terra labradía de Andrés Romero Coba, antes Concepción Luaces.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santa Marta de Ortigueira como predio número 3.242, tomo 315, libro 23 e folio 136. Referencia catastral: 15025A065002100000BJ.

Tipo de licitación: 10.609,50 euros.

Os lotes puxaranse independentes, os interesados poderán concorrer a calquera deles. Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán pola conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios (rateados segundo os tipos dos lotes), así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe o presente alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es).

Poderanse visitar os pisos situados na rúa Xustiza nº 12, 1º e rúa Florida nº 16, 2º da Coruña, para o cal se deberá concertar previa cita. Teléfonos de información: 881 99 90 55/981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2012

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda