Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Martes, 13 de novembro de 2012 Páx. 42642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 25 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados pola execución dos servizos exteriores relativos ao colector de saneamento do parque empresarial de Pacios-Baamonde, no concello de Begonte (Lugo).

Advertidos erros na devandita resolución publicada en el Diario Oficial de Galicia número 146, de 1 de agosto de 2012, cómpre efectuar as oportunas correccións:

Na páxina 30766, no número 9 dos antecedentes da dita resolución, onde di: «...tendo o IGVS a condición de beneficiario da actuación.»; debe dicir: «...tendo Xestur Lugo (Xestión Urbanística de Lugo, S.A.) a condición de beneficiaria da actuación.».

Na páxina 30766, no número 13 dos antecedentes da dita resolución, onde di: «...aceptáronse parcialmente 59 e desestimáronse 7.», debe dicir: «...aceptáronse parcialmente 9 e desestimáronse 7.».

Na páxina 30770, no anexo, no nº 1, pol. 15, parc. 75, no prezo xusto incluíndoo o 5 % premio afección, onde di: «199,50», debe dicir: «190,00».