Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42022

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (362/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento demanda 362/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Eladio García García contra a empresa, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza:

A Coruña, 16 de outubro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante José Eladio García García, que comparece asistido polo letrado Rodríguez Salvado e doutra como demandado INSS e comparece a letrada Ana Mª Pardo Costas pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo comparece o letrado Jorge Estebánez Juega e a empresa Conszoa, S.L. non comparece malia estar citada.

Decido:

1º Estimar a acción exercida por José Eladio García García fronte á Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, condenando esta de aboarlle en concepto de prestación de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo a cantidade de 3.501,98 euros.

2º Desestimo a acción exercida fronte ás restantes codemandadas.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindolles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentecausa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto 0030.1846 a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0362.10 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de Depósitos e Consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533.0000.60.0362.10 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando Audiencia pública no día da data do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Conszoa, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de outubro de 2012

O secretario xudicial