Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42020

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (DSP 437/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, hago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 437/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Francisco Javier Peinado Lores contra a empresa Marcos Neira Transportes, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

Decido:

1º Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Francisco Javier Peinado Lores, asistido polo letrado Sr. Carballo Jardón, contra Marcos Neira Transportes, S.L. e o Fogasa, que non comparecen ao acto de xuízo, declarando a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, por elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación desta sentenza.

A devandita opción deberá exercitarse en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º A indemnización e os salarios de tramitación que ten que aboar a empresa demandada Marcos Neira Transportes, S.L., segundo o disposto no número anterior:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 6.516,44 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e que ata a presente sentenza, calculados a razón de 45,49 euros/día.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúnciao, mándao e asínao, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma a Marcos Neira Transportes, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 19 de outubro de 2012

A secretaria xudicial