Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42018

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (93/2012).

Número de autos: procedemento ordinario 93/2012.

Demandantes: Paloma Varela Blanco, Serxio Gómez Recouso, Belén Paris Galmán, Laura Blanco Caramés, Isabel Fernández López, Pablo Pazos Cajide.

Avogado: José Manuel Serén Quintela.

Demandado: Dygra Films, S.L.

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber, que no procedemento ordinario 93/2012, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 30 de xullo de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) desta cidade, os autos número 93/2012, promovidos por instancia de Paloma Varela Blanco, Xerxio Gómez Recouso, Belén Paris Galmán, Laura Blanco Caramés, Isabel Fernández López e Pablo Pazos Cajide, que comparecen asistidos e representados polo seu letrado Sr. Serén Quintela e contra a empresa Dygra Films, S.L., que non compareceu no acto do xuízo, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decisión.

Que estimando a demanda formulada por Paloma Varela Blanco, Xerxio Gómez Recouso, Belén Paris Galmán, Laura Blanco Caramés, Isabel Fernández López e Pablo Pazos Cajide, que comparecen asistidos e representados polo seu letrado Sr. Serén Quintela e contra a empresa Dygra Films, S.L., que non compareceu no acto do xuízo, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar a Isabel Fernández López a cantidade de 3.501,76 euros, a Serxio Gómez Recouso a cantidade de 2.215,59 euros, a Belén París Galmán a cantidade de 7.981,80 euros, a Pablo Pazos Cajide a cantidade de 9.132,70 euros, a Paloma Varela Blanco a cantidade de 13.480,15 euros e a Laura Blanco Caramés a cantidade de 18.771 euros, en concepto de indemnización por despedimento, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Dygra Films, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de setembro de 2012

A secretaria xudicial