Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42016

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (277/2012).

Número de autos: seguridad social 277/2012.

Demandantes: Mutual Midat Cyclops, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales.

Avogada: Blanca Fernández-Chao González Dopeso.

Demandados: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Juan Carlos Baameiro Pérez.

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 277/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutual Midat Cyclops, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Juan Carlos Baameiro Pérez, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decisión que estimando integramente a demanda formulada por Mutual Midat Cyclops, representada polo letrado Sr. Rodero Díaz, contra a empresa Juan Carlos Baameiro Pérez, que non comparece, e contra o INSS e a TXSS, que non comparecen, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 1.418,60 euros, no sentido exposto no fundamento único, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Da dita cantidade responderán as entidades xestoras demandadas subsidiariamente.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se anunciará mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. O recorrente que non teña a condición de traballador, habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar como depósito na conta de depósitos e consignacións correspondente ao órgano que ditase a resolución impugnada a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social).

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Juan Carlos Baameiro Pérez, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de xullo de 2012

A secretaria xudicial