Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42014

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (442/2011).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, mediante este anuncio de procedemento de divorcio seguido por instancia de Laura Orozco Arroyo fronte a Jesús Hernán Amestica Evangelista ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza número 180.

En Vigo o trinta de marzo de dous mil doce.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 442/2011 sobre disolución do matrimonio por divorcio, actuando como demandante Laura Orozco Arroyo, representada pola procuradora dos tribunais Mercedes Pérez Crespo e con asistencia letrada de Luis María Etcheverría Moreno, contra Jesús Hernán Amestica Evangelista, declarado en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes antecedentes de feito e razoamentos xurídicos.

Ditame.

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Pérez Crespo, en nome e representación de Laura Orozco Arroyo, contra Jesús Hernán Amestica Evangelista, declarado en situación de rebeldía procesual, estímoa, e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

E encontrándose o devandito demandado, Jesús Hernán Amestica Evangelista, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 19 de outubro de 2012

A secretaria xudicial