Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42012

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (442/2011 auto de aclaración).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, mediante este anuncio neste procedemento de divorcio seguido por instancia de Laura Orozco Arroyo fronte a Jesús Hernán Amestica Evangelista ditouse resolución, cuxo teor literal é o seguinte:

«Auto.

En Vigo o vinte e cinco de setembro de dous mil doce.

Antecedentes de feito.

Único. O 12 de setembro de 2012 a procuradora dos tribunais Mercedes Pérez Crespo presentou escrito en nome e representación de Laura Orozco Arroyo no cal se solicita a emenda dun erro padecido no fundamento de dereito primeiro da sentenza ditada o 30 de marzo de 2012 respecto ao lugar onde contraeron matrimonio os cónxuxes.

Seguen razoamentos xurídicos.

Parte dispositiva.

Rectifícase o fundamento de dereito primeiro da sentenza do 30 de marzo de 2011 e onde di: «Queda acreditado en autos que os cónxuxes, Jesús Hernán Amestica Evangelista e Laura Orozco Arroyo, contraeron matrimonio civil en Córdoba (Arxentina) o día 17 de abril de 2009, ao terse achegado en autos certificación literal da inscrición de matrimonio.», debe dicir: «Queda acreditado en autos que os cónxuxes, Jesús Hernán Amestica Evangelista e Laura Orozco Arroyo, contraeron matrimonio civil en Córdoba (España) o día 17 de abril de 2009, ao terse achegado en autos certificación literal da inscrición de matrimonio», mantendo o resto dos pronunciamentos contidos na resolución que se aclara.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza a que se refire a solicitude.

Así o acorda, manda e asina María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo».

E encontrándose o devandito demandado, Jesús Hernán Amestica Evangelista, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 19 de outubro de 2012

A secretaria xudicial