Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42010

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (819/2011 C).

María Regina Domínguez Cougil, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, polo presente

Anuncio.

No presente procedemento ordinario 819/2011, seguido por instancia de Francisca Martínez Lago fronte a Urgasa, S.A., ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Ourense, 19 de setembro de 2012

María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 desta cidade, viu os autos de xuízo ordinario número 819/2011, promovidos por Francisca Martínez Lago, representada pola procuradora dos tribunais María Luisa González Mascareñas e asistida polo letrado Jaime Benito Gutiérrez, contra a mercantil Urgasa, S.A., declarada en rebeldía, sobre incumprimento de obrigas contractuais.

Decisión.

Que estimo a demanda interposta pola procuradora dos tribunais María Luisa González Mascareñas, en nome e representación de Francisca Martínez Lago contra a mercantil Urgasa, S.A., e declaro a existencia, validez e eficacia do contrato privado de compravenda subscrito en documento en data 6 de novembro de 1973 da vivenda sita en Ourense, praza de Alfonso Alcaraz 9, escaleira 1, planta 4C, inscrita no Rexistro da Propiedade de Ourense número 1, terreo rexistral número 24.696, e condeno a Urgasa, S.A. a outorgar escritura pública de compravenda do dito terreo a favor de José Regueiro Álvarez; verificarao de oficio o xulgado noutro caso.

Procede a condena en custas á parte demandada.

Esta sentenza non é firme, contra ela cabe interpor recurso de apelación que resolverá a Audiencia Provincial de Ourense. O recurso deberá interporse no prazo dos 20 días seguintes á súa notificación, ante este xulgado, na forma indicada no artigo 458 da LAC, acreditando ademais a constitución do depósito de 50 € que para apelar exixe a disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así, por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino por proposta da xuíza en prácticas Ana Isabel Cabido Quintás».

E encontrándose a dita demandada, Urgasa, S.A., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 20 de setembro de 2012

A secretaria xudicial