Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42008

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4975/2009-PM).

Nas actuacións de recurso de suplicación a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 491/2007 do Xulgado do Social número 3 da Coruña, promovidos por Carmen Muñoz Caja contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Confecciones Santa Clara, sobre xubilación, con data 17 de outubro de 2012, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que, con desestimación do recurso interposto por Carmen Muñoz Caja, confirmamos a sentenza que con data do 24 de marzo de 2009 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 4 dos da Coruña, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Confecciones Santa Clara.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c de esta sala no Banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co recollido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E, para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Confecciones Santa Clara, con último domicilio coñecido na Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de outubro de 2012

A secretaria xudicial