Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42006

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4883/2009 PM).

Secretaría: María Asunción Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4883/2009 PM.

Materia: recarga de accidente.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Recorridos: Bernardo Alfageme, S.A., Mariscos San Cayetano, S.A., Lar Limpiezas Arosa, S.L., María Salomé Mújica Cardalda.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Pontevedra. Demanda 526/2008.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 4883/2009, a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 526/2008 do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra Bernardo Alfageme, S.A., Mariscos San Cayetano, S.A., Lar Limpiezas Arosa, S.L., María Salomé Mújica Cardalda, sobre recarga de accidente, con data 4.10.2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que con desestimación do recurso interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social, confirmamos a sentenza que con data 31.7.2009 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 dos de Pontevedra, por instancia de María Salomé Mújica Cardalda e pola que se acolleu en parte a demanda formulada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Mariscos San Cayetano, S.A., con último domicilio coñecido en Pontevedra-O Grove, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de outubro de 2012

A secretaria xudicial