Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42024

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza de autos seguidos por despedimento 421/2012.

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que nos presentes autos seguidos por despedimento 421/2012 se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 1 de outubro de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo 421/2012 seguidos por instancia de Alfonso Tizón Fiaño, que comparece asistido do letrado Sr. Pérez Mouzo, contra a empresa Cosar XXI, S.L.U., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece no acto do xuízo; a litis versa sobre despedimento,

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Alfonso Tizón Fiaño, que comparece asistido do letrado Sr. Pérez Mouzo, contra a empresa Cosar XXI, S.L.U., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece no acto do xuízo, e declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación, con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización na cantidade de 2.532,37 euros cos xuros moratorios pertinentes.

Declárase a extinción da relación laboral que vinculaba o Sr. Tizón Fiaño coa empresa Cosar XXI, S.L.U. dada a inactividade da empresa demandada.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro do cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña.

Montserrat Matos Salgado. Asinado.

Publicada no día da súa data».

E para que sirva de notificación a Cosar XXI, S.L.U., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de outubro de 2012

A secretaria xudicial