Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 42026

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (449/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 449/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Manuel Baamonde Rego contra a empresa Frigoríficos Riveira Mar, S.L., Ader Recursos Humanos Empresa de Trabajo Temporal, S.A., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), Graña Mar S.L., Marcolfer, S.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión.

Que estimando parcialmente a demanda formulada por José Manuel Bahamonde Rego contra as empresas Frigoríficos Riveira Mar, S.L., Marcolfer, S.A., Graña Mar, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do seu despedimento, e condeno solidariamente as citadas mercantís a que readmitan ao demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou á súa elección a que se lle aboe a indemnización de 27.836,96 euros de salario, elección que deberá exercer no prazo de cinco días a partir da notificación da sentenza, e en caso de non o facer, entenderase que opta pola readmisión; deberá ademais, e en todo caso, aboarlle os salarios de tramitación na cantidade de 6.468,11 euros e o haber diario de 39,66 euros desde a data do despedimento (30.4.2012) ata a notificación desta sentenza.

Absólvese a entidade codemandada Ader Recursos Humanos Empresa de Trabajo Temporal.

Declárase a responsabilidade do Fogasa dentro dos límites do artigo 33 do ET.

A opción deberá exercerse mediante escrito ou comparecencia na Secretaría deste Xulgado do Social dentro do prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, en espera da súa firmeza. No suposto de non optar pola readmisión ou a indemnización, entenderase que procede a primeira. En todo caso, deberá manter en alta o traballador na Seguridade Social durante o período de remuneración dos salarios de tramitación.

Contra esta resolución cabe recurso de súplica para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación, conforme determina o artigo 192 da LPL.

Sen custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Lévese testemuño literal aos autos da súa razón, e quede o orixinal no libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando nesta primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Graña Mar, S.L. e Marcolfer, S.A., expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2012

O secretario xudicial