Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41864

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (937/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 937/2010, por instancia de Isabel Zapata Varela e outros, contra Fibex Hogar, S.L., sobre reclamación de cantidade, en que recaeu sentenza, con data do 15 de outubro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo que estimo a demanda formulada pola parte demandante contra Fibex Hogar, S.L., polo que condeno a demandada a que aboe as seguintes cantidades:

– A Isabel Zapata Varela, nóminas dos meses de marzo a agosto, por importe de 959 euros cada unha, do que resulta un total de 5.754 euros (cinco mil setecentos cincuenta e catro euros).

– A Mónica Veiga Figueroa, nóminas dos meses de marzo a agosto, por importe de 959 euros (cada unha) de marzo a xuño e 1.002,97 (cada unha) os meses de xullo e agosto, do que resulta un total de 5.841,94 euros (cinco mil oitocentos corenta e un euros con noventa e catro céntimos).

– A María Luisa Castillo Sanabria, nóminas dos meses de marzo a xuño, por importe de 959 euros cada unha e 1.002,97 cada unha os meses de xullo e agosto, do que resulta un total de 5.841,94 euros (cinco mil oitocentos corenta e un euros con noventa e catro céntimos).

– A María Dolores Pérez Puigvert, nóminas dos meses de marzo a xuño, por importe de 753,73 euros cada unha, xullo 788,28 euros e agosto 105,10 euros, do que resulta un total de 3.908,30 euros (tres mil novecentos oito euros con trinta céntimos).

– A María Cristina Pasantes, nómina de marzo por importe de 959 euros e de agosto (do 27 ao 31) 159,83 euros, do que resulta un total de 1.118,83 euros (mil cento dezaoito euros con oitenta e tres céntimos).

A cada unha destas cantidades deberáselle engadir o 10  % en concepto de xuros de demora.

Considérase que María del Pilar Taibo Arijón e Teresa Baneira Veiga desistiron, polo que se absolve a demandada das súas peticións.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar previamente ante este xulgado do Social no prazo dos cinco días hábiles seguintes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que o deberá interpor. É posible o anuncio por simple manifestación daquela parte ao ser notificada. A empresa condenada deberá acreditar, ao anunciar o recurso, que consignou o importe da condena na conta de consignacións do xulgado.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin que lle sirva de notificación en forma á empresa Fibex Hogar, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de outubro de 2012

O secretario xudicial
Rubricado