Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41866

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (401/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 401/12 por instancia de Rafael Altunes Rodríguez contra Julio Francisco Kars 4.4, S.L.U. e o Fogasa sobre cantidade, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que foi interposta por Rafael Antunes Rodríguez contra a empresa Julio Francisco Kars 4.4, S.L.U. e, en consecuencia, condeno a empresa Julio Francisco Kars 4.4, S.L.U. a aboar ao demandante a cantidade de 9.918,11 euros, incrementada no 10 % correspondente a xuro por demora.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, número 47570000 código 36 e número de expediente, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución a disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Julio Francisco Kars 4.4, S.L.U. co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de outubro de 2012

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial