Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41868

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (670/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 670/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isaac López Fraga contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a empresa Comercial Seijas Gil, S.L.L., sobre prestación por incapacidade temporal, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Resolvo que, estimando parcialmente a demanda presentada por Isaac López Fraga contra a empresa Comercial Seijas Gil, S.L.L. e contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboar ao demandante a cantidade de 1.903,04 euros, debendo anticipar o INSS o aboamento desta sen prexuízo do seu dereito de repetición fronte á empresa.

E para que sirva de notificación en forma a Comercial Seijas Gil, S.L.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 18 de outubro de 2012

O secretario xudicial