Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41869

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (734/2011).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 734/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eliseo Cillero Alemparte contra Marcos Paleo Otero e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Decido que, desestimando a demanda presentada por Eliseo Cillero Alemparte contra a empresa Marcos Paleo Otero e contra o Fogasa, debo absolver e absolvo os demandados de todas as peticións formuladas na demanda, ao estimar a excepción de prescrición da acción invocada polo Fogasa.

E para que sirva de notificación en forma a Marcos Paleo Otero, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 18 de outubro de 2012

O secretario xudicial