Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41870

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (243/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 243/2010, deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Antonio Vieiro del Río, contra a empresa Horminosa, S.L.U. e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva se xunta:

Que debo admitir e admito a demanda presentada por Javier Antonio Vieiro del Río contra a empresa Horminorsa, S.L.U. e o administrador concursal Emilio Rodríguez de Dios, e, por iso, debo condenar e condeno os demandados a aboar ao demandante a cantidade de 5.191,69 euros á que será de aplicación unha recarga por demora do 10 % anual (isto é, 519,16 euros anuais por demora). Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que ao Fondo de Garantía Salarial corresponda dentro dos límites legais.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación no presente órgano xudicial para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (A Coruña), dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, co depósito previo das cantidades obxecto de condena e cos requisitos exixidos no artigo 190 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Horminosa, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2012

O secretario xudicial