Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41871

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (104/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento sancións 104/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Vázquez Rial contra a empresa Neo Energy Solutions Europe, S.L., sobre sancións, se ditou a seguinte sentenza, con data do 3 de outubro de 2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Ramón Vázquez Rial fronte á empresa Neo Energy Solutions Europe, S.L., e, por iso debo revogar e revogo a sanción de amoestación por escrito e debo condenar e condeno a empresa demandada a se ater a este pronunciamento, deixándoa sen efecto.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme e contra ela non cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o establecido no artigo 191.2.a da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo. María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á mercantil Neo Energy Solutions Europe, S.L, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2012

A secretaria xudicial