Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41872

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (200/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento 200/2010, deste xulgado do Social, seguido por instancia de Nikaury Altagra Abreu Vázquez contra a empresa Cayaizas, S.C. (María Inmaculada Carril González), Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza, con data do 19 de setembro de 2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que estimo a demanda interposta por Nikaury Altagra Abreu Vázquez fronte á mercantil Cayaizas, S.C. (a través da persoa do seu representante legal Inmaculada Carril González), debo condenar e condeno a esta mercantil a que lle aboe a aquela a cantidade de 1.096,41 euros de principal, mais os xuros que se xerasen segundo o artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (isto é, 10 % sobre 1.096,41 = 109,64 euros en cómputo anual, desde o día 11 de febreiro de 2010 ata a data desta resolución), todo isto coa responsabilidade que lle corresponda ao Fogasa dentro dos límites e orzamentos legais aplicables.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social), que se deberá anunciar previamente ante este Xulgado do Social número un de Santiago de Compostela, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao desta notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Cayaizas, S.C. (Inmaculada Carril González), en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2012

A secretaria xudicial