Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41863

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (661/2012).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 661/2012, por instancia de Juan Manuel Rodríguez Lorenzo contra Sefogas, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza, con data do 11 de outubro de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo que desestimo a pretensión de nulidade do despedimento e debo estimar e estimo a pretensión de despedimento improcedente interposta por Juan Manuel Rodríguez Lorenzo contra a empresa Sefogas, S.L. e, ante a imposibilidade de readmisión, a empresa debe indemnizar o demandante con 45 días de salario por ano de servizo (rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano), polo tempo transcorrido desde o inicio da prestación de servizos (25.5.2004) ata o 11 de febreiro de 2012 inclusive, e unha indemnización de 33 días de salario por ano de servizo (rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano) polo tempo transcorrido desde o 12 de febreiro de 2012 ata o 15.5.2012, cun salario regulador diario de 51,26 euros, e isto coas limitacións legais.

Acórdase a extinción da relación laboral entre as partes.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar previamente ante este xulgado do Social no prazo dos cinco días hábiles seguintes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que o deberá interpor. É posible o anuncio por simple manifestación daquela parte ao ser notificada.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin que lle sirva de notificación en forma á empresa Sefogas, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de outubro de 2012

O secretario xudicial
Rubricado