Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41862

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1133/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1133/09 por instancia da empresa Sumtec, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Purificación Varela Baldomir e a empresa General Panels, S.L., sobre recarga de prestacións, nos cales se ditou sentenza o 10.10.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Desestímase a demanda formulada por Sumtec, S.L. fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Purificación Varela Baldomir e a empresa General Panels, S.L., e confírmase a resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social impugnada.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa General Panels, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de outubro de 2012

O secretario xudicial