Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41752

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 372/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 372/2012 por instancia María Monserrat Fraga Cancela contra Coruhost, S.L., sobre despedimento, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

Resolución.

1. Que debo estimar e estimo a demanda que foi interposta por María Montserrat Fraga Cancela contra a empresa Coruhost, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que as vinculaba en data desta resolución, e condeno a entidade demandada a aboarlle á demandante unha indemnización a razón de 3.504,51 euros.

2. Que debo estimar e estimo a demanda de reclamación de cantidade que foi interposta por María Montserrat Fraga Cancela contra a empresa Coruhost, S.L., e en consecuencia, condeno a entidade demandada a aboar á demandante a cantidade de 20.621,65 euros, en concepto de salarios non pagados desde o mes de xullo de 2011, incrementada no xuro do 10 % por demora aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229 da LPL. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Coruhost, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de outubro de 2011

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial