Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41750

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 380/2012-M).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 380/2012 por instancia de Tomás Grille Gerpe contra Apigal Tratamientos y Mantenimientos, S.L.L. e Fogasa, sobre cantidade, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Tomás Grille Gerpe, contra a entidade Apigal Tratamientos y Mantenimientos, S.L. En consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Apigal Tratamientos y Mantenimientos, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 5.509,52 €, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada, non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, número 47570000, código 36 e número de expediente, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, e poderá substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Apigal Tratamientos y Mantenimientos, S.L.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, e expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de outubro de 2012

María Jesús Hernando Arenas
A secretaria xudicial