Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41754

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (829/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por resolución ditada no proceso seguido por instancia de José Manuel Fernández Gavino contra Galastur Lugo, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimento/cesamentos en xeral 829/2012, acordouse citar a Galastur Lugo, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 1, situado na rúa Armando Durán, 1, 4º, 27071 Lugo, o día 14.12.2012 ás 11.20 horas para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 17 de outubro de 2012

O secretario xudicial