Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41132

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3893/2009).

Secretaría: María Socorro Bazarra Varela.

Tipo e número de recurso: recurso suplicación 3893/2009 MRA.

Materia: reclamación de cantidade.

Recorrente: José Francisco González Paz.

Entidades contra as que se recorre: Fogasa, Fralpesca, S.L., Francisco Costas González.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 4 de Vigo, demanda 979/2008.

Nas actuacións sobre recurso de suplicación número 3893/2009 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 979/2008 do Xulgado do Social número 4 de Vigo, promovidos por José Francisco González Paz contra Fogasa, Fralpesca, S.L., Francisco Costas González, sobre reclamación de cantidade, con data do 5 de outubro de 2012, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Estimamos en parte o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de José Francisco González Paz contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 de Vigo, de 1 de abril de 2009 en autos número 979/2008, que revogamos no sentido de acoller parcialmente a súa demanda contra as empresas Francisco Costas González e Fralpesca, S.L., ás que condenamos a lle aboar conxunta e solidariamente a cantidade de nove mil euros (9.000 €), confirmámola en todos os demais pronunciamentos.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo con que se prevé no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E, para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Fralpesca, S.L., Francisco Costas González, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 5 de outubro de 2012

A secretaria xudicial