Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41131

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2012 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico especialista de Investigación, especialidade Imaxe, grupo III desta universidade, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 31 de xullo de 2012 (DOG do 17 de agosto e BOE do 3 de setembro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico especialista de Investigación, especialidade Imaxe, do grupo III da USC, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Cuarto. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de persoas admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela