Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41130

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2012 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para cubrir 15 prazas da categoría profesional de técnico especialista en Informática, especialidade Administración de Sistemas, grupo III desta universidade, oito pola quenda de promoción interna e sete pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 31 de xullo de 2012, (DOG do 14 de agosto e BOE do 3 de setembro), convocáronse probas selectivas para cubrir 15 prazas da categoría profesional técnico especialista en Informática, especialidade Administración de Sistemas, do grupo III da USC, oito pola quenda de promoción interna e sete pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de persoas admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela