Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41134

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1233/2011).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1233/2011 por instancia de Eva María Castro Fraga contra Mommada Textil, S.L., administración concursal, Alberto Francisco Díez Mira, e o Fogasa sobre sentenza, nos cales recaeu sentenza o 10.9.2012 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que, estimando integramente as pretensións da demanda presentada por Eva María Castro Fraga, representada polo letrado Sr. Martínez Ramonde, cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno a Mommada Textil, S.L. e a Francisco Díez Mira na súa soa condición de administrador concursal, en situación de rebeldía procesual, a que indemnicen a Eva María Castro Fraga na cantidade de 42.277,20 €. Declárase, ante a imposibilidade de readmisión, a extinción, con data da presente resolución, da relación laboral que unía a demandante con Mommada Textil, S.L.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación, que se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, do cal coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivamento e no propio prazo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto na conta 0030 1846 42 0005001274.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 € en concepto de depósito especial para recorrer na conta de este xulgado.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mommada Textil, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de outubro de 2012

O secretario xudicial