Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1242/2011 por instancia de Carmen Lage Barca contra Mommada Textil, S.L., a administración concursal de Mommada Textil, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 28.6.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Resolución.
Estímase parcialmente a demanda formulada por Carmen Lage Barca fronte a Mommada Textil, S.L., o seu administrador concursal Alberto Francisco Díez Mira e o Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:
– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola empresa demandada Mommada Textil, S.L. á demandante Carmen Lage Barca.
– Declárase, ante a imposibilidade de readmisión, a extinción, con data desta resolución, da relación laboral que unía a demandante con Mommada Textil, S.L.
– Condénase a Mommada Textil, S.L. e a Alberto Francisco Díez Mira, na súa única condición de administrador concursal, a que indemnicen a demandante coas seguintes cantidades: 20.970,79 euros e 8.085,55 euros, en concepto de salarios de tramitación.
Notifíquese esta resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mommada Textil, S.L. expido e asino este edicto.
A Coruña, 11 de outubro de 2012
O secretario xudicial