Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41137

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1244/2011).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1244/2011 por instancia de Cristina Veira Martínez contra Mommada Textil, S.L., administración concursal de Mommada Textil, S.L. e Fogasa sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza o 28.6.2012 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que se estima a demanda formulada por Cristina Veira Martínez fronte a Mommada Textil, S.L. e o seu administrador concursal Alberto Francisco Díez Mira e o Fondo de Garantía Salarial, e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola empresa demandada Mommada Textil, S.L. á demandante, Cristina Veira Martínez.

– Declárase, ante a imposibilidade de readmisión, a extinción, con data da presente resolución, da relación laboral que unía a demandante con Mommada Textil, S.L.

– Condénase a Mommada Textil, S.L. e a Alberto Francisco Díez Mira, na súa soa condición de administrador concursal, a que indemnicen a demandante coas seguintes cantidades: 14.302,06 euros en concepto de indemnización e –8.085,55 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Para isto abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado e facer constar no ingreso o numero de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mommada Textil, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de outubro de 2012

O secretario xudicial