Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41139

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (239/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento 239/2012, seguido neste xulgado, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 18 de xullo de 2012

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 239/2012 seguidos por instancia de Fernando Fariña Martelo, representado e asistido polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Electrobes Coruña, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece ao acto de xuízo; a litis versa sobre despedimento.

Resolución.

Primeiro. Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulado por Fernando Fariña Martelo, representado e asistido polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa Electrobes Coruña, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece ao acto de xuízo, e declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercitarse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Así mesmo, declárase extinguida a relación laboral que vinculaba as partes desde o 18.7.2012.

Segundo. A indemnización e os salarios de tramitación que debe aboar a empresa demandada Electrobes Coruña, S.L., segundo o disposto no número anterior, son, en concepto de indemnización, a cantidade de 18.613,29 euros, e de salarios de tramitación, a cantidade de 51,73 euros/día.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Electrobes Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de outubro de 2012

A secretaria xudicial