Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41141

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (285/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 285/2012 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Lucía Salaverry Maseda contra a empresa María Manuela García Fraga, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza: 561/2012

A Coruña, 18 de xullo de 2012.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo 285/2012, seguidos por instancia de Lucía Salaverry Maseda, representada e asistida polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa María Manuela García Fraga e o Fogasa, que non comparecen no acto de xuízo, sobre despedimento.

Resolvo:

1. Que debo estimar a estimo a demanda sobre despedimento formulada por Lucía Salaverry Maseda, representada e asistida polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa María Manuela García Fraga e o Fogasa, que non comparecen no acto de xuízo, declarando a improcedencia do despedimento, con condena á empresa indicada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen se optar, entenderase que procede a readmisión.

Así mesmo, declárase extinguida a relación laboral que vinculaba as partes desde o 18.7.2012.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada María Manuela García Fraga, segundo o disposto no número anterior, son, en concepto de indemnización, a cantidade de 2.314,48 euros e, en concepto de salarios de tramitación, a cantidade de 34,52 euros diarios.

3. Así mesmo, estimando a demanda de reclamación de cantidade formulada por Lucía Salaverry Maseda, representada e asistida polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa María Manuela García Fraga e o Fogasa, que non comparecen no acto de xuízo, debo condenar e condeno a empresa demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 1.274,24 euros no sentido exposto no fundamento xurídico terceiro, cos xuros moratorios pertinentes.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertindo de que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa María Manuela García Fraga, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de outubro de 2012

A secretaria xudicial