Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41143

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (59/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 59/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Vázquez Picallos contra a empresa Absalon Business, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza do 27.9.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo a demanda interposta por Óscar Vázquez Picallo fronte á mercantil Absalon Business, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado con efectos do 30.11.2011, así mesmo, declaro extinguida a relación laboral existente entre Óscar Vázquez Picallo e Absalon Business, S.A., e condeno a mercantil Absalon Business, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de 586,65 euros, en concepto de indemnización por despedimento improcedente, así como a aboar a cantidade de 11.811,22 euros, en concepto de salarios de tramitación (calculados desde o día seguinte ao do despedimento e ata a presente resolución), e a cantidade de 4.586,89 euros, polos conceptos de salarios e vacacións debidos con anterioridade ao despedimento.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se interporá ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da presente notificación segundo dispón o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Absalon Business, S.A., en paradoiro descoñecido, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2012

A secretaria xudicial