Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41145

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (276/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 276/2010, deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Ramón Calvo Calvo contra a empresa Ondugal Cartón, S.L., Cargal Industria y Comercio, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte sentenza do 27.9.2012, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Carlos Ramón Calvo Calvo fronte a Ondugal Cartón, S.L., Cargal Industria y Comercio, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, condeno conxunta e solidariamente a Ondugal Cartón, S.L. e Cargal Industria y Comercio, S.L. a que aboen ao demandante a cantidade de 7.810,27 euros, máis o 10 % da devandita cantidade por demora no pagamento desta.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ondugal Cartón, S.L., Cargal Industria y Comercio, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2012

A secretaria xudicial