Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41146

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (890/2010).

Francisco Ferreiro Vázquez, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 890/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Juan Antonio Olveira Bretal contra a empresa Cometa Barbanza, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza con data do 4.10.2012, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que, admitindo a demanda interposta polo demandante Juan Antonio Olveira Bretal contra a empresa Cometa Barbanza, S.L., debo condenar e condeno a esta a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.776,88 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuros por mora respecto dos conceptos salariais. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza que pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á mercantil Cometa Barbanza, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto de comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2012

O secretario xudicial