Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41147

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (353/2010).

Francisco Ferreiro Vázquez, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento nº 353/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María Laura Neira Carbajales, contra o Servizo Público Estatal de Emprego e a empresa Laboratorios Diasa Pharma, S.A., sobre seguridade social, se ditou a seguinte sentenza con data do 8.10.2012, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que debo aceptar e acepto a demanda interposta por Mª Laura Neira Carbajales e absolvo os demandados.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza que pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Laboratorios Diasa Pharma, S.A., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou de tratarse de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2012

O secretario xudicial