Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41148

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (838/2010).

Francisco Ferreiro Vázquez, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 838/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Abelenda Reino contra a empresa Senior Santiago, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza do 4.10.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando a demanda interposta pola demandante Dolores Abelenda Reino contra a empresa Senior Santiago, S.L., debo condenar e condeno esta a que lle aboe á demandante a cantidade de 825,44 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % de xuro por mora. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así por esta miña sentenza que pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Senior Santiago, S.L., en paradoiro descoñecido, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2012

O secretario xudicial