Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41149

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (59/2011).

Sentenza.

Xuíza que a dita: María Pedreira García.

Lugar: Lugo.

Data: 29 de xuño de 2012.

Demandante: Asfaltos Los Santos, S.A. Procuradora: Carmen Rodil Martínez.

Demandado: Moving Ligths, S.L., Caixa Rural Galega. Avogado: Manuel Portela Álvarez. Procurador: Manuel Mourelo Caldas.

Procedemento: procedemento ordinario 59/2011-A.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A este xulgado correspondeulle por quenda demanda de xuízo ordinario interposta por Asfastos Los Santos, S.A., representada pola procuradora M. Carmen Rodil Martínez contra Moving Ligths, S.L. e Caixa Rural Galega.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, emprazouse o demandado, compareceu en tempo e forma, contestando á demanda Caixa Rural Galega, representada polo procurador Manuel Mourelo Caldas e o letrado Manuel Portela Álvarez. O demandado Moving Ligths, S.L. foi declarado en rebeldía procesual.

Terceiro. Tívose por contestada a demanda e sinalouse a audiencia previa co resultado que consta en autos. Na dita audiencia foron sinaladas e citadas as partes a xuízo.

Cuarto. Practicadas as probas propostas e admitidas quedaron os autos vistos para sentenza.

Decisión:

«Estímase a demanda interposta pola procuradora Carmen Rodil Martínez, en nome e representación de Asfaltos Los Santos, S.A., contra a mercantil Moving Lights, S.L. e Caixa Rural Galega, representada polo procurador Manuel Mourelo Caldas.

1º. Declárase a obriga de Moving Lights, S.L. de exixir á entidade Caixa Rural Galega a emisión dun aval solidario de 15.000 euros para responder ante a demandante da subministración de areas para a estación de servizo de Calzadilla de los Barros, como garantía de pagamento acordada no contrato verbal de subministración de material convida polas partes.

2º. Condénase a demandada Moving Lights, S.L. ao cumprimento da mencionada obriga.

3º. Impóñense as custas a Moving Lights, S.L.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes interesadas, facéndolles saber que contra esta procede recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial, que se interporá ante este xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe».

E encontrándose o dito demandado, Moving Ligths, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Lugo, 31 de xullo de 2012

O/a secretario/a xudicial