Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 16 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2011/0107-1.

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución ditada no expediente sancionador en materia de seguridade e saúde.

Faise saber que a dita resolución remata a vía administrativa e o interesado poderá impugnala perante os xulgados sociais, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Advírteselle que terá que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na correspondente xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e no prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario; noutro caso, incoarase o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa: Iván González Regueira.

Enderezo: r/ Mendiño, edif. Promiventa 2 baixo, Ribeira (A Coruña).

Nº expte.: 2011/0107-1.

Acta de infracción: 26761/2011/1/H.

Data de resolución da dirección xeral: 18 de setembro de 2012.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.d) e 19 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores; artigos 14, 16, 18, 19, 22, 30 e 31 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais, en relación cos artigos 1 ao 10 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de servizos de prevención.

Preceptos sancionadores: artigo 12.1.a) e b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Sanción imposta: 2.046 €.