Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 24 de outubro de 2012 pola que se notifica á empresa Valédeme, S.L. a resolución definitiva, emitida polo órgano de contratación da Consellería de Traballo e Benestar o día 10 de outubro de 2012, por irregularidades na execución do contrato para a prestación dun servizo integral de control loxístico, centro de coordinación e teleoperación que dea soporte á xestión operativa do servizo galego de apoio á mobilidade persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes (CP 86/08).

O órgano de contratación da Consellería de Traballo e Benestar, a Secretaría Xeral Técnica, emitiu o día 10 de outubro de 2012 a resolución definitiva pola que se impoñen penalidades e se reclama solidariamente a empresa Valedeme, S.L. o pagamento de indemnización polos servizos non prestados e a imposición de penalidades por irregularidades na execución do contrato para a prestación dun servizo integral de control loxístico, centro de coordinación e teleoperación que dea soporte á xestión operativa do servizo galego de apoio á mobilidade persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes (CP 86/08), nas contías reflectidas na resolución, con base nos feitos e razóns expostos.

Mediante burofax intentouse, por dúas veces en distintos días e horas, a primeira o día 17 de outubro de 2012 e a segunda notificación o día 18 de outubro de 2012, a transmisión do contido completo da resolución definitiva.

De conformidade co previsto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede realizar a notificación da resolución por medio da presente cédula, que, pola súa vez, será exposta no taboleiro de edictos do concello do último domicilio coñecido unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia.

Por medio desta cédula e de conformidade co disposto no artigo 61 da referida Lei 30/1992 cítase á empresa Valedeme, S.L. para que compareza no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de recoller a devandita resolución do 10 de outubro de 2012.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2012

P.D. (Artigo 1 Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar