Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2012/287-1 e seis máis.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselle a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que, no prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23.11.2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: RL 2012/287-1.

Acta inf. nº: I1520120000072311.

Empresa: Frenos y Embragues Galicia, S.A.

NIF: A15026842.

Enderezo: Polígono Industrial A Grela, Bens, O Bosque, s/n, 15009 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene (falta de avaliación de riscos).

Normativa infrinxida: artigos 14, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro e o artigos 2, 3 e 4 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro.

Tipificación: artigos 5.2 e 12.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade co artigo 39 do dito texto legal (unha falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 6.8.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Frenos y Embragues Galicia, S.A. unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

Expediente nº: RL 2012/292-1.

Acta inf. nº: I152012000038561.

Empresa: Talleres de Abastecimiento, Jardinería y Obras, S.L.

NIF: B15820459.

Enderezo: avenida de Navarra, 61, 15002 A Coruña.

Materia: obstrución (incomparecencia á citación da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social).

Normativa infrinxida: artigos 11 e 5.3.2 da Lei 42/1997, do 14 de novembro.

Tipificación: artigos 50.1 e 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39.1 e 40.1.b) do dito texto legal (falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 5.9.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Talleres de Abastecimiento, Jardinería y Obras, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2012/344-1.

Acta inf. nº: I152012000084334.

Empresa: Laminalia, S.L.

NIF: B70197389.

Enderezo: rolda de Outeiro, 8-10, 1º B, 15006 A Coruña.

Materia: traballo (retraso reiterado no aboamento do salario).

Normativa infrinxida: artigo 35.1 da Constitución española e o artigo 4.2.f) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigos 5.1 e 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39.2 e 40.1.b) do dito texto legal (falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 19.9.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Laminalia, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2012/382-1.

Acta inf. nº: I152012000079280.

Empresa: Hostelería Coruñesa Agoi, S.L.

NIF: B70292511.

Enderezo: rúa Emilia Pardo Bazán, 8, baixo, 15005 A Coruña.

Materia: traballo (exceso de xornada, falta de pago de salarios, non presentación de ERE).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.e) e f), 29.1, 34, 35, 37.1, 36.2, 51 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; Convenio colectivo da hostalaría da Coruña e disposición adicional terceira alínea b) do Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro.

Tipificación: artigo 8.11 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39.1 e 40.1.c) do dito texto legal (falta moi grave en grao mínimo).

Data da resolución: 19.9.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Hostelería Coruñesa Agoi, S.L. unha sanción por importe de seis mil douscentos cincuenta e un euros (6.251 €).

Expediente nº: RL 2012/385-1.

Acta inf. nº: I152012000052406.

Empresa: Servigestión Pérez Llanos, S.L.

NIF: B24416349.

Enderezo: rúa Constitución, 169, La Pola de Cordón (León).

Materia: traballo (retraso no pago dos salarios dos traballadores).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f), 26 e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigos 5.1 e 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39.1 e 40.1.b) do dito texto legal (falta moi grave en grao mínimo).

Data da resolución: 6.8.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Servigestión Pérez Llanos, S.L. unha sanción por importe de seis mil douscentos cincuenta e un euros (6.251 €).

Expediente nº: RL 2012/400-1.

Acta inf. nº: I152012000089788.

Empresa: Biocarburantes Peninsulares, S.L.

NIF: B85050185.

Enderezo: Polígono Río do Pozo, 4, 15578 Narón.

Materia: traballo (falta de ocupación efectiva dos traballadores).

Normativa infrinxida: artigo 4.2.a) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade co artigo 40.1 do dito texto legal (falta grave en grao medio).

Data da resolución: 19.9.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Biocarburantes Peninsulares, S.L. unha sanción por importe de tres mil euros (3.000 €).

Expediente nº: RL 2012/401-1.

Acta inf. nº: I152012000089889.

Empresa: Biocarburantes Peninsulares, S.L.

NIF: B85050185.

Enderezo: Polígono Río do Pozo, 4, 15578 Narón.

Materia: obstrución (incomparecencia á citación da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social).

Normativa infrinxida: artigos 5.3.2 e 11 da Lei 42/1997, do 14 de novembro.

Tipificación: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade co artigo 40.1 do dito texto legal (falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 19.9.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Biocarburantes Peninsulares, S.L. unha sanción por importe de mil douscentos cincuenta euros (1.250 €).

A Coruña, 10 de outubro de 2012

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña